TRADUTORA XURADA

Begoña Pereira

Son tradutora xurada de francés, nomeada polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España, e tradutora de italiano e galego especializada en servizos de tradución de:

  • Francés > Español
  • Italiano > Español
  • Galego > Español > Galego

En cada traballo levo a cabo un exhaustivo labor de investigación, e aplico as ferramentas de tradución e glosarios dispoñibles, ademais dunha revisión do resultado final.

Dende 1997 traballo como tradutora a tempo completo. Nestes anos, teño traducido máis de 25 millóns de palabras en campos tan diversos como dereito, páxinas web, veterinaria, pesca, náutica, medicina, tecnoloxía, construcións de obras públicas, química, deportes, cosmética, alimentación, enoloxía, textos divulgativos de administracións públicas, guías turísticas e automoción.

Actualmente, son xestora de proxectos e socia xerente en BETRA TRADUCCIONES S.L.U., e ademais, traballo como tradutora autónoma na axencia de tradución AGP TRADUCCIONES.

Como traballo

Dudas frecuentes

Cando recibirei a miña tradución?

O prazo de entrega habitual para unha tradución é de 2 ou 3 días ata un máximo de 3000 palabras (unhas 10 páxinas).
En calquera caso, cando lle envíe o orzamento, indicareille o prazo exacto.

Cal é o prazo para unha tradución urxente?

Para traducións urxentes debe prever polo menos 24 horas. O prazo exacto dependerá do número de palabras, así como da dificultade dos textos.
O custo da tradución urxente ten un suplemento do 30 % sobre o prezo.

Que diferenza hai entre unha tradución xurada e non xurada?

Unha tradución xurada é unha tradución legal, é dicir, que ten validez ante calquera organismo oficial tanto no noso territorio nacional como no estranxeiro, selada e asinada por un tradutor xurado inscrito no Ministerio de Asuntos Exteriores. Adoita ser habitual no caso de expedientes académicos, certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, contratos, escrituras públicas, etc.

Existe un compromiso de confidencialidade?

Sei que un cliente pode estar revelándome información clave ou importante no seu desenvolvemento estratéxico comercial. Por iso, asinamos previamente un acordo de confidencialidade que me obriga a non transmitir nin divulgar a información que poida obter do cliente, así como gardar e devolver, se así fose requirido, todo tipo de material que se me proporcionase.

PÓÑASE EN CONTACTO AGORA