Solicitar tradución

BEGOÑA PEREIRA

Solicite traducións profesionais nuns poucos clics

Ola! Son Begoña Pereira, licenciada en Tradución e Interpretación, coas combinacións lingüísticas de francés>español, italiano>español e galego>español>galego.

Ademais, son tradutora xurada de francés, nomeada polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Dende BETRA TRADUCCIONES S.L.U., ofrezo servizos de tradución profesional a prezos flexibles e con calidade garantida.

SABER MÁIS

BEGOÑA PEREIRA

Solicite traducións profesionais nuns poucos clics

Traductora Begoña Pereira

Ola! Son Begoña Pereira, licenciada en Tradución e Interpretación, coas combinacións lingüísticas de francés>español, italiano>español e galego>español>galego.

Ademais, son tradutora xurada de francés, nomeada polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Dende BETRA TRADUCCIONES S.L.U., ofrezo servizos de tradución profesional a prezos flexibles e con calidade garantida.

SABER MÁIS

Tradutora dende
Francés, Italiano, Galego > Español

traducciones profesionales
Francés > Español 100%
Italiano > Español 100%
Galego > Español 100%
Español > Galego 100%

Ampla gama de
servizos de tradución

Levo dende 1997 ofrecendo servizos de tradución profesional de alta calidade, polo que moitos dos meus clientes consideran moi importante a miña achega, xa que lles soluciono rapidamente calquera problema de comunicación que poidan ter cos seus clientes de fala francesa ou italiana, ou queiran traballar en Galicia.

O meu traballo consiste en resolver calquera dificultade que o idioma poida representar para os meus clientes nas súas relacións internacionais, ofrecéndolles un traballo rápido e cualificado, que lles garanta unha boa comunicación co mercado exterior, e amplíe as súas posibilidades de negocio.

Colaboración en grandes proxectos de tradución


Dende BETRA colaboro con AGP TRADUCCIONES como tradutora de francés, italiano e galego. Xunto ao seu equipo de colaboradores especializados noutros idiomas, participo naqueles proxectos de tradución nos que a miña especialización é imprescindible, sexa cal sexa a súa dimensión ou especificación, e no prazo de tempo máis curto posible.

Interesado, pero con présa?

SOLICITE ORZAMENTO

Como traballo

Como hago las traducciones

Dudas frecuentes

Cando recibirei a miña tradución?

O prazo de entrega habitual para unha tradución é de 2 ou 3 días ata un máximo de 3000 palabras (unhas 10 páxinas).
En calquera caso, cando lle envíe o orzamento, indicareille o prazo exacto.

Cal é o prazo para unha tradución urxente?

Para traducións urxentes debe prever polo menos 24 horas. O prazo exacto dependerá do número de palabras, así como da dificultade dos textos.
O custo da tradución urxente ten un suplemento do 30 % sobre o prezo.

Que diferenza hai entre unha tradución xurada e non xurada?

Unha tradución xurada é unha tradución legal, é dicir, que ten validez ante calquera organismo oficial tanto no noso territorio nacional como no estranxeiro, selada e asinada por un tradutor xurado inscrito no Ministerio de Asuntos Exteriores. Adoita ser habitual no caso de expedientes académicos, certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, contratos, escrituras públicas, etc.

Existe un compromiso de confidencialidade?

Sei que un cliente pode estar revelándome información clave ou importante no seu desenvolvemento estratéxico comercial. Por iso, asinamos previamente un acordo de confidencialidade que me obriga a non transmitir nin divulgar a información que poida obter do cliente, así como gardar e devolver, se así fose requirido, todo tipo de material que se me proporcionase.

PÓÑASE EN CONTACTO AGORA
Traducciones Unión Europea

BETRA TRADUCCIONES, S.L.U. ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar la competitividad de las Pymes y gracias al cual ha puesto en marcha un Plan de Marketing Digital Internacional con el objetivo de mejorar su posicionamiento online en mercados exteriores durante el año 2020. Para ello ha contado con el apoyo del Programa XPANDE DIGITAL de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
“Una manera de hacer Europa”

Solicite orzamento

Seleccionar ficheiroCargar ficheiro