Solicitar tradución
Servicio de Traducción

Servizos de tradución

Tradución profesional nuns poucos clics

En BETRA TRADUCCIONES, ofrézolle servizos de tradución profesional e xurada, a prezos flexibles e con calidade garantida.
Teño ampla experiencia na tradución de documentos de campos tan diversos como dereito, páxinas web, veterinaria, pesca, náutica, tecnoloxía, obras públicas, química, deportes, cosmética, alimentación, enoloxía, administracións públicas, guías turísticas e automoción.

Idiomas

Francés > Español  Italiano > Español  /  Galego > Español > Galego

Idiomas

Francés > Español

Italiano > Español

Galego > Español

Español > Galego

Ampla gama de
servizos de tradución

Levo dende 1997 ofrecendo servizos de tradución profesional de alta calidade, polo que moitos dos meus clientes consideran moi importante a miña achega, xa que lles soluciono rapidamente calquera problema de comunicación que poidan ter cos seus clientes de fala francesa ou italiana, ou queiran traballar en Galicia.

O meu traballo consiste en resolver calquera dificultade que o idioma poida representar para os meus clientes nas súas relacións internacionais, ofrecéndolles un traballo rápido e cualificado, que lles garanta unha boa comunicación co mercado exterior, e amplíe as súas posibilidades de negocio.

Se queres gozar duns resultados de calidade na interpretación de escritos, necesitas traballar cun tradutor profesional. Grazas á nosa formación temos todos os recursos necesarios para garantirche textos fieis aos orixinais, independentemente do campo ou o contido. Se confías en nós transmitirás unha imaxe depurada de cara aos teus socios comerciais, clientes e provedores.

 

Que servizos ofrece unha empresa de tradución

Ao traballar cunha empresa de tradución de calidade terás a posibilidade de traducir textos técnicos a outros idiomas. Isto é moi útil para os profesionais da enxeñería e industria, xa que cando realizan proxectos internacionais, precisan entregar as memorias do proxecto en tantos idiomas como esixan a lexislación local e o equipo.

A tradución xurada será, por outra parte, unha ferramenta fundamental nos teus procesos xudiciais. É recomendable que sexas moi coidadoso con quen elixes para estes traballos, xa que non todo o mundo pode facelos. Os tradutores e intérpretes xurados deben pasar un exame ou cumprir unha serie de requisitos esixidos polo Ministerio de Asuntos Exteriores ou, no caso do galego, da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, para recibir o nomeamento e habilitación, e o seu traballo e sinatura teñen validez legal.

Un bo tradutor tamén vai ser determinante á hora de pasar a varios idiomas unha obra literaria. Neste caso, necesitarás que, ademais, faga labores de interpretación. A súa función irá máis alá de pasar o contido dun idioma a outro, palabra por palabra, xa que deberá asegurarse de que respecta e deixa claro o sentido e a intención que quixo dar o autor ás súas palabras.

Cando te enfrontes a escritos complexos, dende poemas a prospectos técnicos ou artigos de divulgación científica, un tradutor tamén te axudará a facelos comprensibles na lingua á que os transcribes. De novo, os tradutores achegarán a súa interpretación do texto e encargaranse de que inclúa os matices relevantes e necesarios para transmitir todo o contido.

Vantaxes dun tradutor profesional

Se traballas con profesionais, terás a tranquilidade de saber que conseguirás un traballo de calidade, apto para a súa publicación nos ambientes máis esixentes. A diferenza doutros servizos máis básicos, os tradutores nativos ofrécenche unha serie de garantías que marcarán a diferenza.

Traducións de calidade

A primeira garantía e máis evidente está na calidade dos resultados. Grazas á súa formación e aos recursos que manexan, como glosarios, bases de datos e demais, os tradutores profesionais son capaces de reflectir elementos intanxibles do texto, como a intención ou o sentido. En ocasións, optar por un vocábulo en lugar doutro implica ser más fiel á versión orixinal e transmite mellor os matices.

Confidencialidade asegurada

Tamén te dará tranquilidade saber que o teu segredo profesional e comercial está a salvo cando elixes un tradutor profesional. Estamos obrigados a respectar o noso código deontolóxico. Por este motivo os teus documentos permanecerán na máis estrita confidencialidade.

Tempos de entrega pechados

Outra fonte de seguridade é a certeza de que se van respectar os prazos de entrega. Terás o teu traballo final a tempo, pero seremos claros contigo dende o principio se as túas expectativas non fosen realistas. Sabemos que os textos para uso profesional moitas veces son clave nos calendarios de traballo e, por iso, tomámonos os prazos moi en serio.

Un prezo xusto

Outro aspecto importante á hora de traballar connosco é a confianza de saber que as nosas tarifas están baseadas en feitos obxectivos. Estas dependerán da extensión do texto, a súa dificultade e a urxencia coa que necesites o traballo. Os nosos prezos están xustificados, polo que non levarás sorpresas de última hora.

Como funciona un servizo de tradución

Para entender o auténtico valor das traducións cremos que, ademais de coñecer os beneficios, é importante que entendas como se realiza este traballo. Cando recibimos un texto non pasamos directamente a transcribilo a outro idioma palabra por palabra, senón que facemos unha serie de traballos previos. Isto tamén sucede tras terminar a primeira versión. Aínda que cada profesional ten a súa propia forma de traducir, esta é unha metodoloxía xenérica que resume bastante ben os labores que levamos a cabo.

Nunha fase inicial, leremos con atención o orixinal e comezaremos a tomar notas que posteriormente serán relevantes para a interpretación do texto. Este tipo de traballo axúdanos a relacionar o contido entre si e a identificar aqueles puntos que poidan xerar dúbidas e nos que temos que profundar.

O seguinte paso é o estudo. Dependendo do tipo de texto, isto pode contar cun nivel de complexidade moi distinto. Non é o mesmo documentarse para traducir un texto de Shakespeare, onde debemos intentar ser o máis fieis posibles ao autor, que un texto comercial. Neste segundo caso, a investigación debería orientarse máis cara ás características técnicas do produto, o público obxectivo ao que vai dirixido e o resultado que persegue o cliente. Nesta fase tamén podemos investigar sobre conceptos específicos ou resolver dúbidas sobre a terminoloxía máis axeitada.

Unha vez temos toda a información no noso poder, comezaremos a transcribir o texto. Durante este proceso temos que ser coidadosos, de modo que o resultado sexa fiel ao orixinal en canto a contido, estilo e outros múltiples aspectos. Unha vez está terminada a primeira versión, volveremos lela e retocar o traballo. Nesta última fase editaremos o texto, asegurándonos de que cumpre todos os obxectivos que nos propuxeramos tras a primeira lectura.

Quen necesita unha empresa de tradución profesional

Outra das dúbidas coas que nos atopamos moi frecuentemente é sobre quen pode precisar os servizos profesionais dun tradutor. Se ti tamén cho preguntas, debes saber que practicamente todos os negocios poden necesitalo, ben sexa puntualmente ou de forma regular. Algúns dos sectores aos que prestamos servizos son os seguintes.

Servizos legais

Cando te encontras nun procedemento legal, a colaboración con auténticos profesionais é imprescindible. Podemos axudarte a traducir contratos; desta forma estarás seguro de manterte cuberto, independentemente do idioma ao que pases os textos. Tamén te asistiremos con traducións xuradas para procesos xudiciais, e mesmo axudarémoste a interpretar as leis de países estranxeiros.

Departamentos técnicos

Se este é o teu caso, podemos axudarte de dous xeitos. Cando estás traballando con empresas estranxeiras e recibes a documentación noutro idioma, nós poderemos garantir que transmites correctamente os datos ao teu equipo a través dunha boa tradución. Por outra parte, se ti es o encargado de crear o contido, axudarémoste a difundilo en tantos idiomas como precises.

Servizos e departamentos administrativos

Se traballas nunha empresa con presenza internacional, tamén vas necesitar de maneira regular os servizos de tradución. De cara a presentar as contas de resultados aos accionistas, por exemplo, traballar con información en varios idiomas facilitará a súa comprensión. Tamén é importante á hora de comunicar a información entre os membros dos diferentes equipos. Así aseguraraste de que todo o teu persoal está aliñado.

Departamentos comerciais

De novo, se traballas nun espazo internacional, contar con tradutores expertos será a mellor forma de asegurarte de que todos os teus equipos colaboradores contan coa mesma información. Será moi útil para ter as follas de produto en varios idiomas, ou para que todo o mundo traballe cos mesmos argumentarios de vendas independentemente de onde estean situados. Se tes unha rede de tendas, tamén te beneficiará a tradución para homoxeneizar as formacións online e os protocolos de actuación.

Departamentos de marketing

Tan importante como que todo o teu equipo de vendas estea aliñado é que a túa mensaxe sexa consistente para todos os clientes, independentemente de onde se atopen. Nosoutros encargámonos de que así sexa, aínda que tamén te axudaremos a adaptar o contido ás particularidades culturais de cada país. Lembra que non en todos os lugares nos expresamos igual nin nos rexemos pola mesma ética. Respectaremos estas diferenzas, pero encargarémonos de que a mensaxe sexa consistente.

Editoriais

A tradución editorial é un dos traballos máis gratificantes para un tradutor. Aquí o obxectivo principal é facer un traballo no que non se note a achega dos profesionais da tradución. Isto quererá dicir que fomos fieis ao autor, e capaces de superar con éxito un dos grandes desafíos: respectar o contido e as ideas, pero tamén o estilo.

Contido para webs

Na actualidade, a tradución de contido online é un dos campos onde existe unha maior demanda. Grazas a que Internet non ten fronteiras, podes levar a túa empresa, independentemente do seu tamaño, a calquera recanto do mundo. E, para poder facelo con éxito e xustificar o prezo dos teus produtos, é importante que te comuniques coa túa audiencia nunha linguaxe axeitada. Por iso, nós encargámonos de traducir ao idioma que desexes os teus artigos de blogs, newsletters, promocións, etcétera. Tamén nos aseguraremos de que as descricións de produtos do teu comercio electrónico estean perfectamente adaptadas, e de trasladar ao idioma que precises todo tipo de contido dixital, como revistas ou xornais.

Como podes ver, contar cos servizos dun tradutor profesional creará valor para o teu negocio, sexa cal sexa a túa actividade. Se queres coñecer máis sobre os nosos servizos ou pedirnos un orzamento, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Solicite orzamento

Seleccionar ficheiroCargar ficheiro