Solicitar tradución
Servicio Traducción Gallego Español Gallego

TRADUTOR
GALEGO ESPAÑOL e
ESPAÑOL GALEGO

Traballar cun tradutor español galego é a mellor garantía para conseguir resultados rigorosos e con calidade profesional. Grazas á experiencia e coñecemento profundo da lingua, un bo tradutor poderá asegurarte que o sentido e significado que quixo darlle o autor ás súas palabras na versión orixinal se verán reflectidos no seu traballo.

Por que contratar un servizo profesional de traducións do español ao galego e do galego ao español?

Independentemente de cal sexa o teu sector de actividade, cando necesitas utilizar textos noutros idiomas é importante garantir que as traducións que fas sexan fieis ao orixinal. Isto é notorio cando, por exemplo, estás a traballar nun ambiente xurídico, xa que a súa calidade pode ser determinante para demostrar a verdade nun caso. E, cando queres traducir textos comerciais, comunicarte coa túa audiencia coa mesma corrección que un nativo é imprescindible para conseguir a súa confianza.

Non obstante, un tradutor profesional achegará un valor engadido coa súa forma de traballar, e darache unha serie de garantías que son imprescindibles para a túa satisfacción, especialmente, no ambiente profesional. Algunhas delas son as seguintes.

Rigor nos prazos e datas de entrega

Cando encargas traducións para o teu negocio, adoitas traballar cun calendario que has de respectar. Un tradutor profesional ten experiencia e un sistema de traballo probado, e sempre vai ser realista e estrito cos seus prazos de entrega. Poderás establecer con el horizontes temporais que funcionen para ti, marcando as túas prioridades. Desta forma conseguirás ter os resultados definitivos no momento en que os necesites.

Confidencialidade no seu traballo

Colaborar cun tradutor tamén implica contar coas garantías dun código deontolóxico. Saberá gardar o segredo profesional e os teus traballos permanecerán no ámbito privado ata que ti o decidas doutra maneira.

Tarifas xustas

Nun momento no que os tradutores automáticos están á orde do día, é difícil determinar cal é o prezo xusto dos servizos dun profesional. E, aínda que os resultados dun tradutor titulado non teñen nada que ver cos dunha máquina, a miúdo cuestiónase ese valor engadido. É importante lembrar que, por ética profesional, alguén que se dedica a este oficio presupostará o teu traballo seguindo os prezos que marque o mercado. Non obstante, podes comprobalo considerando o tamaño do texto, a dificultade e a urxencia coa que o solicitaches.

Traducimos todo tipo de textos do español ao galego e do galego ao español

Ademais de ofrecerche todas as garantías das que che acabamos de falar, con Betra Traducciones terás a tranquilidade de saber que podes contar connosco independentemente do contido que pretendas traducir. Ofrecemos resultados de calidade en todo tipo de escritos e temáticas. Non obstante, estamos especializados nos seguintes.

Saúde e medicina

Os nosos tradutores poden axudarte coa elaboración de textos técnicos relacionados con todas as áreas das ciencias da saúde. Desta maneira conseguirás un resultado profesional e cun uso axeitado da xerga, unha das grandes dificultades do ámbito médico sanitario. Se pretendes conseguir traducións rigorosas, válidas para utilizar entre profesionais, necesitas alguén que saiba utilizala.

A nosa experiencia e dominio do galego facilita que calquera texto de medicina natural, homeopatía, fitoterapia, fisioterapia ou terapias alternativas sexa perfectamente útil para compartir con médicos, terapeutas, divulgadores científicos, etcétera. Conseguirás expresar con precisión todos os conceptos do teu traballo.

Poderás utilizar as nosas traducións para compartir estudos clínicos, documentos normativos ou de farmacovixilancia e seguridade, xa que seguiremos todos os requisitos e protocolos esixidos neste tipo de traballos. Inicialmente pasará polas mans dunha tradutora fiable e, despois, encargarémonos da edición do texto. Nesta última fase asegurarémonos de que os termos utilizados sexan correctos e de que o resultado final se adapte aos estándares do sector.

Gastronomía e alimentación

Este servizo é moi útil cando tes un restaurante ou unha tenda de alimentación online e necesitas traducir con precisión a túa carta ou os produtos que tes á venda. Utilizar este servizo axudará a chegar a un público máis extenso e a transmitir calidade aos teus usuarios. Nun sector tan diverso e rico como o da gastronomía, dominar os termos específicos e mesmo distinguir entre distintas técnicas culinarias é imprescindible para comunicar o valor do teu produto.

Se tes un medio de comunicación especializado no sector gastronómico, un bo servizo de tradución axudarate a divulgar contido e, á vez, deixará clara a calidade da túa publicación. Desta forma, os clientes nativos non se atoparán con termos mal empregados ou con malas interpretacións.

Equitación

Cando te dedicas a un sector tan específico como a equitación dáste conta do importante que é o manexo axeitado do vocabulario. Como se trata dunha actividade pouco coñecida polo público xeral, é frecuente o mal uso dos termos específicos mesmo cando se fala o mesmo idioma. Por suposto, isto complícase cando estás intentando comunicarte nunha lingua que non é a túa.

Por este motivo, traballar con textos comerciais ou de divulgación no sector ecuestre esixe que o tradutor estea familiarizado co vocabulario. Que credibilidade terías se escribes un artigo sobre unha competición de doma clásica e non empregas a terminoloxía correcta? Que calidade percibida terían os teus produtos se non están descritos de forma adecuada na túa web? En ambos os dous casos, non poderías posicionarte como un especialista ou líder de opinión.

Nosoutros garantimos unha tradución ao ou do galego precisa, apta para o seu uso ante usuarios avanzados ou profesionais. Coñecemos de preto o mundo do cabalo, e iso reflíctese na calidade e precisión coas que plasmamos as túas ideas noutra lingua.

Textos técnicos para enxeñería e industria

Outro contexto no que vas precisar a axuda dunha tradutora español galego ou galego español especializada é cando esteas a traballar con escritos relacionados coa enxeñería e a industria. En ambos os dous casos, manéxanse conceptos e utilízanse termos moi específicos. Non coñecelos no idioma de tradución, e xa non digamos no de orixe, implicará dar unhas indicacións erróneas ou a completa perda de credibilidade do texto.

Nosoutros temos experiencia facendo traducións para esta especialidade, e podemos garantirche un bo nivel de satisfacción. Estamos afeitos a facer descricións técnicas, a traducir manuais e mesmo memorias de proxectos. Tamén estamos familiarizados con todos os requisitos que deben cumprir, polo que nos aseguramos de que, antes de entregarse, o noso traballo conteña todo o necesario.

Textos xurídicos

O ámbito xurídico é un dos sectores que máis demanda traducións de calidade. Utilízanse para asuntos tan variados como a tradución de leis, a formalización de contratos ou mesmo a prestación de declaracións. Debido a que estes escritos adoitan ter implicacións legais, é absolutamente imprescindible unha tradución de calidade e absolutamente detallada.

Grazas á nosa experiencia podemos axudarte a crear traducións o máis fieis posibles aos textos orixinais. Encargarémonos de que cada detalle respecte con precisión o significado, xa que calquera ambigüidade podería dar lugar á invalidación e ser fatal para o desenlace dun proceso xudicial.

Para iso, os dicionarios e glosarios convértense nunha das nosas principais ferramentas de traballo. Permítennos facer consultas para contextualizar e así asegurármonos de que traballamos co contexto axeitado. Tamén son importantes as memorias terminolóxicas e as bases de datos para a documentación. Estas ferramentas axúdannos, de novo, a ser moi precisos co noso traballo.

Por que non usar Google Translate para traducir textos profesionais do español ao galego

Entendemos que, debido á presión orzamentaria coa que todos traballamos, ás veces poida resultar tentador o uso de ferramentas automáticas como Google Translate. E, aínda que a calidade dos resultados mellorou algo nos últimos anos, utilizalas como unha solución corporativa é, sen dúbida, un gran erro. Xamais che ofrecerán unha tradución totalmente correcta e a túa imaxe corporativa resentirase.

Pensa que o galego é unha lingua moi rica e, en ocasións, moito máis precisa que o castelán. Existen termos moi concretos que poden axudarte a transmitir o que queres sen necesidade de dar rodeos. Aínda máis, se optas por ignoralos e facer unha tradución literal, crearás un efecto artificial que prexudicará a credibilidade do texto. Isto é especialmente negativo nun ambiente profesional, no que pretendes transmitir seguridade e liderado.

Un tradutor automático xamais poderá achegarche a interpretación cultural dos termos e, nun lugar como Galicia, onde a tradición e o popular ocupan un papel protagonista, é algo imprescindible. Aínda que conseguise facer un uso correcto da gramática, o cal é de por si complicado, Google Translate xamais podería expresarse coa mesma precisión que alguén que coñece esta lingua de forma nativa.

En suma, traballando connosco vas conseguir resultados de gran calidade en calquera tipo de texto, que poderás utilizar tanto en ambientes profesionais como mesmo xurídicos.

En Betra Traducciones axudámoste a conseguir uns textos rigorosos e axeitados a todas as túas necesidades. Se queres coñecer máis sobre os nosos servizos ou pedirnos un orzamento, non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de axudarte!

Solicite orzamento

Seleccionar ficheiroCargar ficheiro