Solicitar tradución
Traductores Francés Español

TRADUTOR
FRANCÉS ESPAÑOL

A globalización dos mercados e o desenvolvemento global de Internet conferiron ás traducións unha importancia capital. Se precisas este tipo de servizos, debes decantarte por un tradutor de francés a español nativo e profesional. É a mellor alternativa, con diferenza, e a única que che asegura un traballo óptimo en prazo, calidade e prezo.

A continuación queremos explicarche cales son as mellores opcións para conseguir textos impecablemente traducidos do francés ao español. E é que, con independencia do ámbito de actividade no que se necesiten, a fiabilidade e o rigor resultan imprescindibles. Non só está en xogo a imaxe que proxectas como profesional ou como empresa, senón tamén a culminación dun bo número de proxectos.

Por que contratar un servizo profesional de traducións do francés ao español?

A proximidade de Francia e España produce, a miúdo, a necesidade de contar cun tradutor de calidade para que as nosas empresas cheguen a entendementos. Non obstante, existen servizos de tradución que contan con especialistas en ambos os dous idiomas que non son nativos. É mellor non utilizalos. Queres saber por que?

Principais vantaxes

Estes son os beneficios e as potencialidades que che proporciona o labor dun nativo español que coñece o francés ao traducir textos deste idioma. Presta atención.

Maior autenticidade e fluidez nas traducións

Dado que desenvolveu o seu dominio do español dende a infancia, os seus recursos para a tradución de textos son moitos máis e tenos mellor interiorizados.

Dominio de expresións e falas específicas

A súa pertenza á comunidade idiomática achégalle unha maior riqueza léxica, mesmo de argots ou xergas específicas. A naturalidade e a adecuación das traducións aos seus destinatarios resultan, por iso, moitísimo maiores.

Comprensión e aceptación dos contidos

Non só o manexo léxico mellora cando o tradutor de francés a español é nativo, senón que o profesional tamén é capaz de dotar a transcrición de matices adicionais e axustalos realmente á mentalidade e concepción cultural dos seus destinatarios.

Inconvenientes de non contar con tradutores nativos

Os problemas adquiren unha dimensión adicional cando pedimos traducir un texto a tradutores non nativos, inexpertos ou pouco cualificados. Fundamentalmente, expóñeste ás seguintes carencias.

Mala calidade

E non podes deixar de considerar as perdas económicas, de tempo e de imaxe que estes textos inadecuadamente traducidos xeran ás empresas, persoas e organizacións.

Falta de impacto

Polas dificultades de comprensión, fluidez e naturalidade do tradutor, os seus textos resultan menos atractivos, impresionantes e divulgativos.

Prexuízo ao posicionamento SEO

Sabías que os textos mal traducidos son sancionados por Google, que apenas os coloca nas posicións preferentes?

Se de verdade queres evitar todos estes inconvenientes, acude a unha tradutora fiable e española nativa, que domine o francés e atesoure unha grande experiencia. Acude a Betra Traducciones.

Tradución xurada de textos do francés ao español

O servizo de tradución xurada é aquel que ten unha validez legal ante calquera organismo oficial dos países en cuestión. A súa importancia é capital, e esíxeselle unha calidade incuestionable e oficialmente homologada. De feito, só son tradutores xurados aqueles que se atopan inscritos como tales no Ministerio de Asuntos Exteriores, ou na Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no caso do galego. Estas traducións deben incluír a sinatura do tradutor xurado e a súa identificación como tal. Loxicamente, teñen un prezo superior como consecuencia da súa validez legal e a súa impecable calidade.

O meu nome é Begoña Pereira e son tradutora xurada de francés validada polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Atesouro unha experiencia de máis de 20 anos na tradución. De feito, teño traducido profesionalmente un total duns 25 millóns de palabras. A miña condición de nativa española permíteme, ademais, ofrecer un resultado cento por cento fiable en cada tradución.

As traducións xuradas que realizo, polo tanto, son aceptadas legalmente en todo tipo de trámites legais que precisan traducións do francés ao español. Por exemplo, expedientes académicos, contratos, herdanzas, escrituras públicas e certificados de defunción, matrimonio ou nacemento, entre outros. Pensa que as traducións xuradas son fundamentais en transaccións e compravendas internacionais, pero tamén en trámites de adopción no estranxeiro, en procesos migratorios ou en solicitudes de nacionalización, e, esencialmente, sempre que debas presentar traducións a organismos e institucións oficiais.

Traducimos todo tipo de textos do francés ao español

Contamos co oficio, os coñecementos e a experiencia suficientes para realizar a tradución de calquera texto do francés ao español. Como temos explicado, achegamos á nosa actividade as vantaxes de contar cunha tradutora xurada, experta e nativa española.

Ademais, grazas á nosa dilatada traxectoria e como consecuencia dos múltiples traballos realizados, dominamos aínda máis algúns temas e ámbitos de actividade. A continuación enumerámosche os principais.

Saúde e medicina

A tradución científica require sempre un traballo minucioso, esixente e baseado nuns coñecementos previos sobre a materia. A médica, máis concretamente, presenta unhas esixencias aínda maiores. E é que as traducións médicas non só serven para transmitir coñecementos entre colegas internacionais, senón que tamén fan posible difundir eses avances ao público xeral.

Ademais, a tradución médica resulta clave para informar os pacientes na súa lingua natal, co máximo rigor, sobre os seus diagnósticos, tratamentos e sintomatoloxías. A especialización é imprescindible, tanto como a minuciosidade e precisión no traballo. No terreo médico, os nosos ámbitos de especialización céntranse en materias como a medicina natural, a homeopatía, a fisioterapia e as terapias alternativas.

Textos xurídicos

Esta especialidade tampouco está exenta de dificultades, pero ao longo do tempo optimizamos as nosas prestacións nela. Traballamos para múltiples despachos de avogados franceses, asumindo a tradución ao español de todo tipo de documentos e textos legais. En moitos casos trátase de traducións xuradas.

Gastronomía e alimentación

Tamén contamos cunha dilatada traxectoria nas traducións relacionadas co ámbito gastronómico. Traballamos, sobre todo, para empresas francesas de alimentación que exportan os seus produtos, ou pretenden facelo, a España. A complicación radica, a miúdo, no recoñecemento e a translación de todos os ingredientes de cada produto. Ademais, os matices emocionais dos menús e as receitas gourmet teñen, tamén, a súa complexidade.

Textos técnicos para enxeñería e industria

Necesitas traducir do francés ao español textos industriais ou de enxeñería? Somos áxiles, precisos e moi fiables tamén nestas materias. A dificultade radica, maiormente, no dominio do vocabulario específico. Ademais, é necesario entender os conceptos e procedementos referidos en cada contido.

Equitación

O mundo dos cabalos tamén foi un tema habitual na nosa actividade profesional. Somos especialistas en textos de hípica e material ecuestre, e diferentes editoriais puxéronse xa en contacto connosco para coñecer estes servizos. En consecuencia, dominamos por igual o vocabulario relacionado cos xinetes e cos animais.

Axencias de tradución francesas

Xunto á contratación directa por parte de particulares, profesionais e empresas, tamén somos contratados de xeito habitual por axencias de tradución francesas que precisan bos tradutores nativos ao español. A través delas temos accedido á realización de todo tipo de encargas, o cal nos permitiu potenciar e consolidar aínda máis a calidade dos nosos servizos.

Por que non usar Google Translate para traducir textos profesionais do francés ao español?

O denominado tradutor de Google é unha das ferramentas máis populares do xigante dos buscadores. Pode ser un entretemento válido, e mesmo, puntualmente, servir de axuda rápida a quen non esixe demasiado. Non obstante, cando se trata de realizar traducións profesionais non é unha alternativa válida. Se defendemos a importancia de encargar as traducións de francés a español a profesionais nativos pola superior calidade destas, como imos confiar nun robot?

A literalidade é o risco máis característico de Google Translate. Os seus algoritmos non son capaces de interpretar nin de captar os matices. Por iso non debe estrañarte o tremendo erro que xerou o seu uso nun texto gastronómico traducido en 2015: a suposta Feira do clítoris que se anunciou era, en realidade, a Feira do grelo, produto gastronómico típico das Pontes, A Coruña. Google Translate non distinguiu entre o grelo galego e o portugués, e de aí o terrible erro que foi preciso arranxar despois.

Se os erros nas traducións poden arruinar a imaxe e botar por terra acordos ou proxectos de todo tipo, como imos confiar nunha máquina incapaz de discernir tales matices? Se buscas calidade, o tradutor de Google nunca é unha opción; non resulta fiable. Ademais, tampouco é tan rápido como parece. Especialmente cando precisas traballar en varios idiomas ou con textos longos. Se se usa, esixe en todo caso a revisión concienciuda dun tradutor cualificado. Pero, postos a encargarlle este labor, sempre é mellor contar con el dende o principio e asegurarse un traballo impecable.

Queres contar con traducións de calidade, acordes coas túas necesidades persoais, profesionais ou empresariais? Non arrisques! En Betra Traducciones cumprimos con todos os criterios de calidade que debes esixir a un tradutor de francés a español. Experiencia, carácter nativo, especialización e, se o necesitas, traducións xuradas. Apunta o meu nome na túa axenda: Begoña Pereira. Chámame cando me necesites.

Solicite orzamento

Seleccionar ficheiroCargar ficheiro