e m p r e s a
           
 
 
 

BETRA TRADUCCIONES S.L. é a nova denominación da anterior Montenegro & Pereira, Traductores e Intérpretes S.L.

Somos unha empresa nova e dinámica, profesional e seria, con varios anos de experiencia no sector, formada por Licenciados en Tradución e Interpretación de distintas combinacións lingüísticas, que traballan sempre cara á súa lingua materna.

O noso traballo consiste en resolver calquera problema que o idioma poida representar aos nosos clientes nas súas relacións internacionais, ofrecéndolles un traballo de calidade que lles garanta unha boa comunicación co mercado exterior, ampliando as súas posibilidades de negocio.